Noticias
Español
Galego
Tui despide o Entroido este domingo co Enterro do Bacallau
[Viernes, 24 de Febrero del 2012]
Sairá ás 19.30h da Praza de San Fernando
Tui despedirá o Entroido este domingo coa celebración do Enterro do Bacallau. A cita, que volverá ser multitudinaria, partirá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando para facer un percorrido pola rúa Seixas, Porta da Pía, Ordóñez e Paseo da Corredoira. A comitiva fúnebre fará un alto no Cantón de Diomedes para dar lectura ao testamento do Bacallau e as coplas. Logo continuará pola Praza da Inmaculada, rúa Augusto González Besada, e enlace da rúa Ourense ata o aparcamento municipal onde se procederá á incineración do Bacallau.



No Enterro do Bacallau deste domingo participarán ás 14 comparsas, que suman preto de mil persoas, que o pasado martes concursaron no desfile tudense, xunto cos seus acompañamentos musicais. A elas sumaranse outros centos de persoas que despedirán deste xeito o Entroido deste ano 2012.



Para ler as coplas é preciso entregar unha copia cinco minutos antes á organización.



Restricións do tráfico



Debido á celebración do Enterro do Bacallau a Policía Local informa que o domingo non se poderá estacionar na rúa Seixas dende ás 16.30h e ata ás 20.30h, amais esta rúa estará pechada a circulación de 18.30h a 20.30h.



Amais o aparcamento municipal permanecerá pechado o domingo, xa que neste espazo terá lugar a incineración do bacallau, dende ás 14h e ata ás 24h.
Cultura de TuiConcello de TuiXunta de Galicia - Consellaría de Economía e IndustriaGobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y ComercioUnión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo RegionalPlan Avanza
2009, Concello de Tui
Nota Legal Contacta